Os orzamentos 2017 aportan moita luz sobre o papel que xoga a Galiza no taboleiro político. Diante dos que son, probabelmente, os peores orzamentos para Galiza da última década, ningunha das reivindicacións básicas se reflectiron na emenda á totalidade presentada por Podemos. E o silencio duns (PPdG) e outros (PSdeG) e o tiro por elevación daqueles que se sitúan no espazo da “nova política” unha vez coñecido o acordo co PNV, pon en evidencia a irrelevancia dos 12 deputados do PP e a incapacidade dos outros 11 deputados que desaparecen absorbidos por estratexias nas que Galiza e os seus cidadáns non somos máis que un territorio para muxir.
Probabelmente os deputados (os 23 ) descoñecen que levamos reivindicando desde hai anos unha tarifa eléctrica galega. E tamén ignoran os postos de traballo que se crearían. Pois, iso, señores 23 deputados, acadouno o PNV con 5. Se callar, é unha outra maneira de transformar un país.