PONCHE CABALLERO

Non recordo moito o anuncio aquel do Ponche Caballero, pero o alcalde Vigo ben podía ser o protagonista. Hai que pensar que esa bebida tan aromática non gustaba moito ao organismo galego, máis predisposto á caña, vulgarmente coñecida como augardente, ao viño Sanson ou ao Calisay, aínda que o corpo autóctono tamén aguantaba con Pilé 43 e outros preparados edulcorados. Ademais existía o ponche normal, ese que preparaban as nais cando os seus fillos andaban con carga, nome xenérico de gripe ou catarro entre o común galaico. Ese debe ser o que toma Caballero e que cura todo, desde un plano urbanístico até una conexión aérea sen pasar polo aparcamento do novo hospital olívico. Xa deben saber os vigueses que o seu alcalde é quen de amañar até as silveiras cun dinosauro.

PONCHE CABALLERO

Te puede interesar