ANTONINO

Eu dígolle Antonino Pío a este señor de Verín, en puridade Antonino Nieto, porque é home pacífico e conciliador (cal o emperador homónimo). Tamén un nachiño namorado. O romano dunha sóa dona, Faustina, (no Foro hai un templo adicado aos dous), á que fixo deusa; “Diva Faustina” din unhas moedas que teño visto na madrileña plaza Mayor. O verinense dunhas cantas, seguindo aquela máxima celiana que falaba dos monógamos sucesivos.

Así e todo Antonino Pío (o de Verín) ten agora unha muller espléndida, chamada Marisa, con quen fai parella insuperable. Como sobranceira é a poesía que escribe, escrita para ser recitada, e moi ben por certo polo seu autor, Antonino Nieto Rodríguez (e agora paso a chamarlle polo seu nome de pluma). O último libro de Antonino é “Un fantasma perfecto” (Endymion), un asunto versicular e arrebatado, debedor de Homero, pero tamén dos poetas “beat”, e aínda de Walt Whitman, que se move entre a perplexidade e a fondura filosófica de quen se sabe vivo pero recollido entre rabos de nube, tan efémeros como na canción de Silvio.

Antonino Nieto Rodríguez escribe para salvarse (nos), nun esforzó titánico que o sitúa nun posto senlleiro da poesía española. A capa do libro é un Caravaggio total, que moito lle presta a Margarita Sañudo. Margarita é a “maitresse” de Ámbito Cultural, de El Corte Inglés, dirixido por Ramón Pernas. Exemplo de mecenazgo en tempos tan ruíns para o que sexa o valemento da cultura.

ANTONINO

Te puede interesar