BALADA PARA ACOMPAÑAR SILENZOS

Todas as historias escomenzan cun “Érase unha vez”, no que dende as primeiras páxinas, un dase de conta de quen é o bo, o malo, a madastra e por onde veñen as ameazas sexa cal sexa o disfraz que leven posto. E en todo o reino saben quén é quén e onde está o castelo para casos de emerxencia. Hai historias que teñen inicios diferentes. Omiten as referencias espazo-temporais, evitan o rollo ese do plantexamento e o nudo e pasan directamente á parte que máis lles interesa: o desenlace.

Cuns slogans de combate tipo: dádeme a vosa confianza, versus voto, e rematarán os vosos problemas, ou nós somos a confianza que os mercados demandan para deixar de atacar a nosa débeda… convenceron ao pobo de que traían con eles as mellores das intencións e un solucionario solvente para saír da crise.

Pero o tempo insiste en limpar as horas de cada día e leva as palabras que a verdade non amortizara, e daquelo dos milagres de que ían multiplicar os pans e os postos de traballo e dos intocábeis puntais da educación e a sanidade, pasamos aos anuncios de copagos e as realidades dos tikets moderadores, das gratuidades solidarias etc; de garantir a dependencia e de manter os impostos, pasamos a que todo é un derroche que non se pode asumir… mentras tanto, afían os recortes que gardan baixo sete chaves e ante o silenzo interior, as noticias chegan das viaxes ao exterior, como nos vellos tempos, eso sí, descoñecemos se é estratexia, medo escénico ou crenza no efecto distancia, é dicir: mellor canto máis lonxe.

BALADA PARA ACOMPAÑAR SILENZOS

Te puede interesar