Libros de texto

Un dos primeiros recortes do PP, cando gañáronlle as eleccións autonómicas ao presidente Touriño, foi sacar a gratuidade dos libros de texto. Medida da dereita duramente criticada polo conxunto da comunidade educativa.
Así, moitas ANPAS, nun exercicio de responsabilidade, decidiron montar o seu propio sistema de préstamo universal e solidario de libros, podendo participar todas as familias á marxe da súa situación económica e laboral.
Agora, dende a Consellería de Educación buscan converter a estas asociacións nunha administración informal e paralela. Queren que muden cara o modelo de bonos –imposto polo PP– e que xestionen os libros só para familias en risco de exclusión social e ata onde cheguen os orzamentos destinados pola propia Administración. O certo é que con Touriño as familias gastaban 8 millóns e con Feijóo gastan 120 millóns de euros.

 

Libros de texto

Te puede interesar