É urxente un cambio

Participa, organízate, loita, unidos podemos conseguilo. O 18 de xaneiro estivo en A Coruña presentando unha iniciativa social Juan Carlos Monedero, profesor de Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense de Madrid. A charla xirou en torno a unha idea: “Mover ficha”. Nesta nosa democracia existen riscos que demandan urxencia política, o que significa que en  España faise necesario un xiro que oriente a sociedade por camiños distintos e máis participativos, apuntou Monedero. Para conseguilo precísase cambiar de vía, porque levamos décadas arrastrando dependencias das que non nos damos liberado. A Constitución que artellaron para facer a Transición naceu eivada. Formalmente fora aceptada polos españois pero non coa liberdade esixible naquela hora para tal decisión. E agora, desinflada a euforia inicial que engadou a todo un pobo ansioso de liberarse da dictadura franquista, pouco máis pode ofrecer que a monotonía dunha administración ineficiente, en boa medida corrupta, e un futuro sen futuro. A sociedade é agora consciente das súas carencias, entre as que se encontra  primordialmente a de dirixentes políticos capacitados e dignos, precisamente cando máis os necesita. Importantes retos chaman á porta: A España interésalle moito que a consolidación da Unión Europea non tarde en facerse efectiva para poder resolver como é debido, tanto a cuestión do independismo catalán como o problema que está a orixinar a presión da emigración africana. Neste caso trátase de seres humanos que buscan escapar da fame e da morte e deben ser tratados con dignidade, porque demandan un dereito que é primario para todas as persoas. ¿Solucións? Pasan por conseguir recambios na chamada clase política, porque os que temos, tal cal, non atenden nin entenden, viven de costas aos cidadáns. O 90% da xente non encontra solución cos partidos políticos. Tampouco é cousa de caer no vacío, pois é necesario formar goberno no Estado, nas autonomías, nos concellos, etc. Pero é necesario empezar a buscar a solución acertando na elección dos candidatos. Non todos os que están na política son corruptos nin todos os partidos son iguais. A primeira urxencia está en tomar conciencia e coñecer ben a realidade social. Non se debería chegar nunca á mesa electoral sen ter pensado na responsabilidade que un leva de acertar co voto, porque votar polo partido ou polo amigo sabendo que as cousas van seguir como están é politicamente unha traición á sociedade. Continuará.

É urxente un cambio

Te puede interesar