Vai uns anos, na Grecia, apareceu un partido de esquerdas que desbancou ao mítico Pasok (acho que se escrebe asi) e que chegou ao goberno prometendo medidas cualificadas de radicais polos medios de comunicación de masas e polos partidos do sistema e que creou un clima de simpatía por toda Europa, diante da grave crise que estaba a sacudir Grecia e as medidas totalmente contra o pobo, que estaba a tomar o partido no poder.
Aquí na Galiza non tardaron en aparecer os repenicadores de Syriza, tamén prometendo o mesmo e pronto nos medios de comunicación tanto escritos como audiovisuais apareceron desde o “mozo” Beiras,a “inmaculada” Yolanda Díaz e demais compaña facendose fotos, todos eles, con enormes sorrisos e saudando a todo o mundo agarradiños da man, co líder da Syriza, o señor Tsipras. E Syriza chegou ao poder na Grecia e non tardou moito en todas aquelas medidas que criticaba (con razón) facelas proprias, mais con máis dureza se cabe (recorte de pensión, seguer vendendo o país ao capital extranxeiro e un longo ect..)
Conto isto porque todos aqueles que se autodenominaron a Syriza Galega hoxe en día, parece que non se lembran disto e até parecelles mal cando llo lembras e cando desde o nacionalismo galego dicíamoslles ollo coa Syriza e o señor Tsipras, menos guapos nos chamaron de todo
Mais as cousas cambiaron e agora o que se trae na Galiza e no estado español é Podemos. Un partido ou máis ben o Señor Pablo Iglesias que na súa campaña o único que trasmitiu foron moitas emocións e moi poucas solucións a tomar, diante dos problemas tan graves que están a sacudir a Galiza e ao estado español. Un se pregunta como asumindo unha débeda que era privada e da noite para a maña, con nocturnidade e aleivosía, fíxose pública, poderá aumentar os gastos en sanidade, educación, aumento das pensións ect... Un quixera saber como aquí na Galiza, a coalición de Podemos cos pseudo nacionalistas de Anova e EU que medidas van a tomar, por exemplo, co noso sector naval civil, co noso agro, cos problemas tan grandes dos nosos gandeiros por culpa das políticas estatais e europeas, co noso sector pesqueiro, coa falta de industrialización da Galiza, coa marcha forzada da xuventude que vai supor un problema demográfico e xeracional de primeiro grao nos próximos anos ou que vai facer coa débeda histórica do estado español coas galegas e galegos, entre moitas outras cousas.
Porque o que si se pode culpar a Podemos e a súa marca pseudo galega En Marea (non quero dicir que os seus votantes sexan menos galegos que un que escrebe senón, refirome a marca) é que este partido serviu para desmobilizar a todos os movementos sociais que había no estado español e que un día si e o outro tamén, estaban a protestar e esixir un cambio de rumo diante das medidas que estaba a adoptar o goberno para facer fronte a crise, por todo o estado. Ademais Podemos cumpriu unha segunda función esencial polo que foi creado; minguar o poder do nacionalismo nas colonias españolas. Empezando pola Galiza que sexa posibelmente onde máis cota de poder perdeu o nacionalismo, até o Pais Vasco e Catalunya, o nacionalismo democrático, levou un serio revés nestas últimas eleccións e aínda que aquí na Galiza podemos afirmar que, unha cousa son as eleccións ao estado e outra as galegas (vaia como exemplo que nas últimas eleccións europeas o BNG sacou oitenta mil votos e sen embargo nas locais sacou casi douscentos mil votos) si se pode afirmar que En Marea (fundamentalmente Podemos) cumpriu a súa principal función : a de desarticular o voto do principal e único partido(BNG) que se centra na defensa dos intereses das galegas e galegos, en definitiva da Galiza.
Porque hai que dicir que a En Marea os medios de comunicación do sistema o venderon como un partido que se creaba pra defender Galiza máis a realidade é outra diferente, como puidemos comprobar nos seis meses que estiveron no parlamento español e como tamén os seus proprios votantes entenderon. Case setenta mil votos perderon en menos de seis meses e sen gobernar. Máis a pesar disto aínda hai xente que defende que o nacionalismo se una a esta marca de En Marea para derrotar ao PP aquí na Galiza, nunha grande coalición de esquerdas diante o cal, en datas recentes a portavoz do BNG (Ana Pontón) acaba de dicir: unión si, mais unión do nacionalismo. Un se pregunta se os que falan de unión da esquerda galega, se van contar co PSG ou nom.
Xa para rematar dicía o noso Francisco Rodríguez (BNG) acerca desta chamada a coalición por unha parte mínima do nacionalismo galego” Por que, Como e Para que” desta unión xa que somos moitos os que recordamos as verbas do grande e polifacético Daniel Castelao de que a Solución dos problemas da Galiza non virán de fora. Debemos ser nós mesmos quen os solucionemos.