QUÈ VOLEN AQUESTA GENT?

Aló por 1968, Lluís Serrahima, o grande impulsor da Nova Cançó catalana, escribiu unha canción, co título que leva esta columna, que musicou María del Mar Bonet e que despois dela interpretou unha canta xente. Tamén en español. O texto baseábase nunha historia real de represión e morte. ¿Que quería aquela xente? A resposta estaba clara: eliminar calquera tipo de contestación. E os nosos de agora ¿que queren? Outro tanto, ou máis, do mesmo. Agora, por aquilo que din da democracia, con máis sofisticación. Esgánante polo económico e xa non te teñen que suicidar; xa te suicidarás ti. A situación económica da comarca é catastrófica. Pecha todo e non hai quen venda nin unha barra de pan. Non obstante, esta mesma semana limos que o goberno municipal vai adxudicar a redacción dun novo PXOM ou que se vai construír unha urbanización residencial en San Xoán. ¿Para quen? O ¿para que?, á vista do ¿último? dos escándalos, se cadra, pode semellar menos confuso. Ou non.

 

QUÈ VOLEN AQUESTA GENT?

Te puede interesar