De Osaka a Biarritz

anto na decimocuarta reunión do G20 -celebrada a finais de xuño en Osaka- como na cuadraxésima quinta do G7 -que tivo lugar en Biarritz a pasada semana- tratáronse temas tan importantes para o planeta e as súas xentes como o comercio mundial, o cambio climático, a transformación dixital ou as desigualdades- Non obstante pouco ou nada se ten avanzado en cada un deses temas, como vén sendo habitual. O relevante de ambos os cumios foi ver a escasa intelixencia e catadura moral dalgúns dirixentes. Aí quedan os bochornosos comentarios de Bolsonaro sobre a idade da muller de Macrón e o seu rexeitamento das axudas para a Amozonía, como tamén as contemplacións con Trump para evitar as súas viscerais e perigosas decisións. Moito machito alfa co cerebro anulado pola testosterona. Que dicir das “boas esposas” que acompañaron os líderes mundiais? Señoras, fraco favor fan á loita pola igualdade. E se se cre preciso analizar a vestimenta dos asistentes, que o dubido, quédome coa elegancia do príncipe herdeiro saudí e coa frescura do primeiro ministro canadense.

De Osaka a Biarritz

Te puede interesar