No es aixó, companys

Ollar como na esquerda que se proclama anovadora e que propugna a creba democrática co vello réxime se repiten os modos e métodos que afirma que hai que superar, é decepcionante. Comprobar como desde os aparatos dos partidos se suspenden procesos electorais, non é nada novo. Observar como se rompe un proceso unitario en Ferrol  xustificándoo na  procura de espazos máis amplos,  non ten lóxica. Escoitar que se está por candidaturas de unidade popular de abaixo a arriba e, logo, procurar coaligacións de partidos non é coherente. E comprobar como consignas ocas de contido ocultan os problemas da Galiza, non é o camiño na procura  de solucións.
Acubillado nas palabras recitadas por LluisLlach, contemplaba o Cantábrico a bater unha e outra vez. E entre o salseiro a voz do poeta de Celanova repetía: “Que está comigo a esperanza fiando,  fía que fía./ Ela fía i eu confío no albor dun novo día”.

 

No es aixó, companys

Te puede interesar