En maio de 2007 iniciabase o prazo para solicitar a valoración do grao e nivel de dependencia e, de ser o caso, acceder ás prestacións sociais ou económicas derivadas de tal situación. A lei 39/2006 chegaba á rúa, ás persoas.
Naceu renqueante no medio de polémicas de sustentabilidade e tras oito anos de debates, opinións, recursos, modificacións e recortes manténse na incertidume. Sin ser perfecta –moitas persoas quedan sen atender– creou miles de postos de traballo e cumpreu unha función sociosanitaria importantísima na saúde física, psíquica e emocional das persoas usuarias e das súas familias. O que non solucionou, non era a súa misión, son as cuestións educacionais relacionadas cos hábitos de coidado do fogar. Homes maiores viuvos e solteiros válidos solicitaron a baremación –non aprobada– so para tentar solucionar grandes déficits culturais no ámbito das labores domésticas.