EUROPA, ONDE ESTÁS?

O que está a pasar en Europa cos emigrantes é grave. Tanto que non debería deixarnos tranquilos como se non fose con nos. Os refuxiados que viñeron e continúan chegando a Europa son seres humanos, que teñen todos os dereitos a ser atendidos como persoas en situación extrema. Piden ser acollidos, porque do contrario estarían en perigo de perder a súa vida e a da súa familia. Non poucos deles deixaron a vida na travesía do mar Egeo por onde pretenden acceder ás portas de Europa. Veñen a Europa, porque  matinan que quedándose en Siria, entre a guerra que non acaba e as carencias de medios para sobrevivir, morrerían polos disparos ou de fame e de necesidade. Non lles queda máis remedio que saír do seu país na procura de amparo. Chegar a Europa é a única saída que encontran. Se teñen sorte, e non morren no camiño, poden lograr un futuro mellor para eles a para a súa familia. A decisión non ten alternativa. Así foi sempre na historia da humanidade. O que lles está a pasar agora a estes emigrantes xa lles pasara, de un xeito non tan atroz, a moitos españois, e concretamente, a moitos galegos, non hai tantos anos. Pero a maioría deles xa esqueceron isto e agora protestan e non comprenden a situación pola que atravesan os que chegan pedindo amparo. Catrocentos oitenta mil sirios viven en países veciños ao seu. Se Europa fixera algo parecido e acollera a mesma porcentaxe de persoas que foxen da guerra do Líbano, tería que abrilas súa portas a cen millóns. Este cálculo é só unha mostra da falta de organización e sensibilidade no funcionamento da acollida pola comunidade internacional. Europa non é un exemplo a seguir. Así o fixo saber a ONU en Ginebra. Europa está a dar un mal exemplo con uns compromisos raquíticos e a medio cumprir.
A sociedade europea non pon en práctica, neste caso, os principios humanitarios dos que presume, afirmando que aquí non existe xenofobia. O proxecto europeo parece que esqueceu os principios humanisticos, a mellor carta de presentación da que viña dispoñendo. Vai ser este Papa, unha vez máis, quen lles indique o camiño aos gobernantes en temas sociais. Francisco quere estar en Lesbos proximamente invitado polo Patriarca ortodoxo de Constantinopla para denunciar a devolución de refuxiados a Turquía que Europa está a facer. Tamén, ¡e por fin!, secundando ao Papa, a Igrexa española esíxelle a Rajoy que deteña as expulsións. Francisco non permanece quieto. Non quere ser o papa de unha Igrexa estancada que poña o seu centro de atención nos rezos. El quere chegar ás periferias onde reina, non o poder as liturxias, senón a pobreza, a miseria económica e humana e os que a padecen.

Te puede interesar