Admiración

coñecímonos compartindo bancadas académicas na escola universitaria de traballo social de Santiago. Iniciabamonos na apaixoante ciencia social que busca promover cambios eficaces, positivos, transformadores e sustentables nas persoas, grupos e comunidades. Foi unha excelente estudiante, gran compañeira sempre respectuosa e próxima aos demais. Das primeiras en atopar destino laboral, nos servizos sociais comunitarios de San Sadurniño. Demostrou ser unha profesional con moita inquedanza, rigorosa no facer, case obsesiva, responsable e coherente.
Tras 28 anos de servizo público emprende nestes días unha nova etapa no sector sanitario. O concello e a comarca perden a unha gran traballadora social, mais os que a coñecemos sabemos que vai a seguir dando o millor de si mesma nun ámbito que precisa máis ca nunca xente coma ela.
Moita sorte, admiramoste humana e profesionalmente, Cristina Paz Galindo.

Admiración

Te puede interesar