Imposible

O que non pode ser, non pode ser, e ademais, é imposible”. Esta enxeñosa frase estase a empregar a cotío entre os políticos, por mor dos problemas que teñen todos para formar goberno. E resulta que é unha verdade incuestionable, porque segundo din, hai imposibilidade para facer un goberno de dereitas e tamén hai imposibilidade para facer un goberno de esquerdas. Xa que logo, a solución, segundo moitos anuncian, é a de formar un goberno mesturado, que estaría presidido polo señor Rajoy, como gañador das eleccións e cun programa que puidese ser apoiado por unha maioría que lle desen os votos necesarios. É posible que o candidato poda presentar un programa así, mais tendo en conta que todos o acusan de mentir e facer todo o contrario do prometido, non parece posible que vaian confiar agora nas súas promesas, se el non lles da unha razón, unha soa razón, na que sustentar esa confianza. E se iso non pode ser, xa se sabe... Ou sexa que, o que non pode ser... Ou non é?

Imposible

Te puede interesar