Espírito

Din que todo ser humano posúe unha alma como principio incorpóreo, que nos pon por enriba dos animais. E nembargante, os sucesos cotiáns que nos aportan os medios de comunicación poden chegar a facernos matinar na posibilidade de que algúns animais sexan máis espirituais que os humanos. En calquera caso, entre os humanos que se supoñen con alma, hai os de espírito feble, os de espírito forte, e os do medio. Os de espírito feble, ou “pobres de espírito”, adoitan recorrer á relixión poñéndose nas mans dos seus deuses para que os dirixan polo camiño do ben, buscando o premio da felicidade eterna. Pola contra, os de espírito forte, loitarán contra todas as adversidades, camiñando en pos da verdade e da liberdade, sen agardar recompensa e na busca dunha perfección que saben imposible pero cada vez máis preto. E no medio están os de “si pero non”, os de “depende”, e os de “pode que si e pode que non, pero o máis seguro ¡quen sabe!”. Ou sexa, unha vela a Deus…

 

Espírito

Te puede interesar