O SUCEDIDO

O lamentable episodio vivido co tema da auga ten moitas lecturas políticas e todas parecen sinalar que o PP recibiu un bo revés. Isto é así porque en primeiro lugar é o principal valedor da privatización de servizos representada por Emafesa mentres que o alcalde sempre defendeu a remunicipalización como garante de xestión. O segundo problema dos conservadores son as redes sociais. Jorge Suárez  informou con transparencia e levanta simpatías. Todo o contrario que o voceiro dos populares galegos, Tellado, que se dedicou a dicir disparates (mesmo falou de auga envelenada) e foi o primeiro en xerar polémica rebentando o discurso do goberno da Xunta. A xestión desa administración que non enviou ningún membro destacado, que tomaba unha soa mostra no servizo do seu edificio ou que obrigaba o representante do pobo de Ferrol a decatarse polos medios de resultados porque tiñan mal apuntado o seu teléfono completou o cadro.
 

O SUCEDIDO

Te puede interesar