Moitas torradas vos hai

ende que tiven que abandoar por motivos de enfermidade a ampresa Navantia e as miñas responsabilidades sindicais aló polo 2009, esta empresa sufriu moitos cambios, non só na estrutura interna da mesma, senón tamén na degradación e o aumento da apatía no comité de empresa, formado este polas seccións sindicais dos sindicatos. Xa se esquecen os esforzos e o traballo dos que pasamos por él nas décadas dos oitenta e dos noventa. Fracias a iso os traballadores de Navantia viven, e agora o comité de empresa pasa a ser una peza de xadrez que as federacións estatais ou nacionais moven segundo conveña nas ¿negociacións? coa empresa.
Primeiro, me pregunto que se fixo para manter os niveis de emprego que quedaron do último proceso de xubilacións. Neses intres pode haber unha baixada de cen ou douscentos postos por incapacidades ou baixas incentivadas, e ante iso a ninguén se lle encendeu a bombilla de novas incorporacións. Se fose eu, teriao super claro. Quizás a algún, se lle escomeza a alumear a bombilliña, perdería medio ou un punto de incremento salarial nun ano por voltar a incorporación de rapaces e rapazas de xeito anual, procedentes da Formación Profesional, moito máis formados, e só terían que aprender a traballar nun estaleiro. Dito número non debería baixar de setenta ó ano.
Segundo, nestes intres hai traballadores con 64 anos realizando as súas funcións no posto de traballo. Habería que remitirse ó ano 1986 para lembrarse nesa explanada dun traballador desa idade. Por que non se visualiza un proceso de xubilacións, de forma contínua, e que non sexan tan drásticas coma as dúas últimas ós 52 anos? Debe complementarse a madurez e o saber facer coa xuventude.
Terceiro, algún dos que forman o comité están na empresa grazas a outros procesos. Débese ter en conta que, na antiga Bazán, por medio dos sindicatos púxose en marcha un listado de traballadores da industria complementaria (compañías auxiliares) e ían incorporándose á principal ou saían xubilados como traballadores da principal. Coido que alguén se lembra deste sistema e que agora pode ser un dos poucos momentos importantes que quedan; pois poderíase facer un corte a partir de levar cinco anos na plantilla dalgunha das industrias complementarias para integrar á plantilla de Navantia.
A ver se así alguén desperta, porque moita torrixa teñen e moita pena me dá observar que non fan nada por manter uns bos niveis de plantilla nun estaleiro mundialmente recoñecido.
 

Moitas torradas vos hai

Te puede interesar