SEN TREN

Ferrol é na práctica unha cidade sen tren. O abandono a que se atopa sometida a nosa cidade polos sucesivos gobernos  estatais explica que do  trazado do eixe atlántico se exclúa na práctica  a Ferrolterra, a terceira área urbana de Galicia, cando botamos contas da coroa de concellos que conforman o noso territorio. A nosa cidadanía ten dereito a dispor dun trazado renovado semellante ao que une Coruña con Vigo. É unha demanda inaprazable de servizo público para a nosa xente. No ínterin hai que acometer unha serie de actuacións de urxencia para  mellorar parcialmente unha liña xa centenaria e desta maneira relanzala: a modificación de certos trazados nos radios das curvas, a mellora da seguridade, o desenvovemento da variante Infesta-Betanzos, a ampliación das frecuencias e a adaptación dos horarios  ás necesidades das persoas que van traballar ou estudar e o establecemento do billete combinado. A mellora desta liña suporá sen dúbida un aumento de pasaxeiros e ao pulo a unha conexión de transporte público social e sustentable co eixo do que formamos parte, o atlántico.
 

SEN TREN

Te puede interesar