Ilusión

Os movementos  políticos que se están a dar en vilas e cidades do noso país a prol de candidaturas de unidade popular están xerando unha marea de ilusión en amplos sectores da sociedade. As distintas voces que se expresan coinciden nas liñas grosas de construción do proxecto: asembleas abertas ao conxunto da cidadanía, sen exclusións nin vetos. Porén, non todas  manifestan coa mesma  claridade , se callar polacomplexidade que envolve o proceso,  que  serán os cidadáns que se unan a este os que elixan aos candidatos ( incluído o candidatoa alcalde) e o programa. Por outro lado, o obxectivo de acadaren á máxima unidade esixe dos partidos políticos que impulsan o proceso que adíen o, por outra parte lóxico, afán de dirixir, controlar ou mesmo hexemonizar o proceso.
Somos maioría os que opinamos que é hora de pór en practica o aforismo  das esquerdas: o pobo é quen máis ordena.

 

Ilusión

Te puede interesar