Evidencias

Pensaba dedicar estas liñas ao primeiro alcalde de Ciudadanos detido, por presunta corrupción, na operación Enredadera. De feito, tíñaas practicamente rematadas cando, buscando outra cousa, me reencontrei con este texto que me fixo mudar de idea e deixar momentaneamente aparcado o tema dos negocios políticos. Atópase na “Coda final” do “Limiar” de Luís Cochón, un dos editores, ao Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) (1915): “Acórdome, noctámbulos e lictobios, con Luís Mariño –ó cabo xente do 68– da celebración e festa pola Historia de don Ricardo. Alegría e satisfacción por dispoñer dese glorioso manual, en galego, cando só as literaturas románicas máis empetoutadas podían presumir de tal valioso compendio, grand précis, feito entre nós e de ‘autor de noso’, laborioso eremita, titán teimudo que alumeou o mellor camiño Ad Gallaeciae Maiorem Gloria”.
Crin que pagaba a pena recordalo e telo ben presente neste momento, cando, mañá mesmo, a Academia Galega vai decidir a figura á que se lle dedicarán as Letras Galegas de 2019.
 

Evidencias

Te puede interesar