Da absoluta irrelevancia

|

ivimos épocas de acrecentados populismos. A  apelación a determinadas instancias e mecanismos que espertan os instintos máis básicos da cidadanía; así coma o feito de darlle a razón ao pobo, pero sen contar realmente co pobo; e o recurso de desprezar ás institucións e á Política, colocándolle etiquetas de nova ou vella época, falan de tempos de escuridade ou de incerteza. 
Son tempos onde algunhas máscaras xa caeron, e perderon esa pátina de intocables e de estar sempre alleos, dende esa altura existencial do pensamento recen forneado, á realidade que a sociedade e o país necesita. A única loita que manteñen é a meramente nominal por ver quen mantén as siglas e a maior ou menor visceralidade de ser máis ou menos dereita ou esquerda. 
Pasar do valor do absoluto, ata a máis absoluta irrelevancia sen case tempo de tregua, amosa que as medidas que utilizan non teñen un solo firme sobre o que apoiar as súas bases programáticas. Hai irrelevancias supinas e manifestas, coma a que representa  Ortega Smith, co seu descoñecemento groseiro e irrespetuoso a conciencia, dicindo barbaridade sobre as chamadas Trece Rosas. Persoas do que xa nada sorprende, porque tampouco nunca agardamos nada deles. Pero o que si sorprende, tendo en conta de onde veñen, é o estraño papel menguante que xoga Alberto Garzón nesta traxicomedida de ser, sen ser nel mesmo. Tristemente observamos coma o peso da súa estrutura, da súa voz e do seu posicionamento, quedou diluído nun mar interior de pura irrelevancia; cada vez máis pechado e con menor saída. 
Pensarte ten a seda dos roces máis suaves –díxolle El con tenrura– a paisaxe máis íntima que envolve coma abrazo e a fondura imposible de todo o que é sentido... quererte ten a maxia dos camiños contigo...

Da absoluta irrelevancia