Opcións

Superado o período de suxestións, a Consellería de Politica Social atopase en fase de aprobación do proxecto dunha orde de gran transcendencia neste ámbito nos vindeiros anos.
A nova norma regulará o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais das categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente persoal nos centros e servizos sociais do sistema para a autonomía e atención á dependencia da nosa comunidade autónoma.
 As habilitacións serán de carácter excepcional ou provisional e sempre vinculadas ao cumprimento das persoas solicitantes duns requisitos minímos: nacionalidade, tempo de traballo, formación relacionada coas competencias desas áreas e compromiso de participación na avaliación e acreditación da experiencia. Un proceso que dará maiores opcións de inserción ás persoas aspirantes e tamén máis seguridade legal para elas e as empregadoras.

Opcións

Te puede interesar