Bo farrapo o da casa natal de Carvalho Calero

|

Vexo que, por fin, e xa van unos dez anos, a Corporación municipal de Ferrol acadou porse dacordo en algo e, por unanimidade, vaise recuperar a casa natal de Ricardo Carvalho Calero. Supoño que chegarían á mesma conclusión que calquera outro veciño de Ferrol, o cal non di moito ó seu favor –dos políticos, digo– tendo en conta o longo tempo transcorrido e a inxente cantidade de diñeiro que houbo que destinar, a parte de a mercar o solar, ó mantemento de pouco que dela queda. Postos a aforrar, moito se fixo en cuestións de máis urxentes necesidades, pero no aquí. E digo eu que xa terán pensado o custe do seu mantemento e atención. Digo isto por se a tal pensar non chegaron os señores políticos con isto dos diñeiros de todos... Non vaia ser que, unha vez rehabilitada, “abra” xa pechada e logo durma no olvido e o posterior deterioro. Non vaia pensar mal alguén –digoo por se as moscas– que non me alegro dunha decisión que permitirá lembrar a un ferrolán que a piques estivo de morrer, física e moralmente, pola represión esa que tanto segue a ofender a algúns que insisten en que non foi tal o non se deu...

Bo farrapo o da casa natal de Carvalho Calero