O PAPA FRANCISCO E O PRESTIXIO DA IGREXA

(Vai ás Américas para recuperar o prestixio dunha igrexa que perde clientela?)

Sen dúbida a Igrexa pasaba e aínda non deixa de pasar, en certos aspeitos, por un despresixio  no campo humano, social e político, que vén, nos nosos tempos, dende a loita desenrolada na súa doctrina anti-modernista. Mais as manifestacións do papa Francisco non deixan de rectificar e dar respostas insospeitadas aos máis graves problemas actuais. 
Xurde, emporiso, a pregunta do obxetivo das viaxes do Papa Francisco ás Américas, o continente máis católico, para contrarrestar -din os medios- a fuga dos seus fieis católicos que nos anos setenta do século pasado eran o 90%, e  nestes tempos baixaron ao 60%. 
A perda de clientela neste continente non parece ser o problema principal  deste papa. A súa mensaxe vai por outro camiño. Pois o primeiro paso que fai é pedir perdón por participar a Igrexa Católica no descubrimento das Américas coa evanxelización unida ao colonialismo de escravitude e de exterminio; o que se chama a evanxelización da cruz e da  espadada  que non ten nada de Evaxeo de Xesús de Nazaret. Unha versión do nacional-catolicismo español, de 1936 ao 1975. Por certo, do que a  xerarquía española aínda non pediu perdón. Pois a ver se esta xerarquía lle deixa ao papa Francisco facelo cando veña a España. Este papa fala aberto non para conseguir clientela senon para defender a verdade e desfacer mitos que non sirven para defender a xusticia e os pobres. 
Pola contra, venme á memoria a sorte que tiveron varios países americanos precisamente a causa da nosa guerra civil co exilio dos vencidos que puideron fuxir da persecución franquista. Tivo América, sobre todo México, a sorte de acoller á nosa moitedume de exiliados republicanos, intelectuais, técnicos, mecánicos, traballadores cualificados, que atoparon alá unha acollida agradecida de corazón. O presidente Lázaro Cárdenas precisamente agradecía o inmenso valor e o tesouro incalculabel de cultural que se achegaba ás terras mexicanas aínda que sexa “ben co noso pesar” -dícía- do menos cabo que deixan alá na España. Pois isto  mesmo sucedeu tamén coa bagaxe de curas  vascos exiliados, moi ben preparados social e pastoralmente, que fuxiron tamén da persecución franquista, acollidos por obispos dende o norte ata o sul, levando unha pastoral axeitada ao Evanxeo de Xesús. 
Un destes curas que fora Capelán de Gudaris, Carlos Anasagasti Zulueta, procesado no Consejo de Guerra no grupo dos 38 no penal de Dueso, Santander, á pregunta do Xuiz instructor, Eduardo Junco Mendoza, de por que non se pasou aos nacionais, “que el declarante siguió en el batallón por deber de conciencia y por auxiliar a los jóvenes católicos. Que no tuvo ocasión nunca de pasarse a las Tropas Nacionales, si bien es verdad que tampoco lo intentó por creer un deber de que no les faltase la asistencia religiosa a los soldados”. Entre outros que foron condeados a duras penas, o P. Carlos foi absolto, aínda que sufriu duras represións e desprecios por campos de concentración franquistas ata coseguir a liberdade Cando rematou a guerra marchou para ao Convento franciscano e dalí para o exilio de América, e no ano 1953 foi consgrado bispo de Bolivia (como consta no meu libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco).  Baixo a súa dirección fundou un novo pobo chamado “Bermeo de los Moxos”, en honor ao seu pobo natal de Euskasdi,  por deseo expreso de los mismos indios moxos, en señal de gratitud a su Prelado. Os seus restos descansan no centro do pobo de Huacaraje en memoria do seu defensor e promotor. (Asi consta no Blog de Iñaki Anasagasti)
Non foi desta maneira o envío á América Latina dos misioneiros  que promoveron Reagan  e a política Norteamericana  para contrarrestar  o traballo da catequese da Teoloxía da Liberación; ao mesmo tempo que apoiaban ou promovían os golpes de estado, o apoio aos “contras” e aos paramilitares ben amaestrados na “Escola de las Américas”, que deixou un regueiro de sangue de  unha imnmesa moitedume de mártires. Todo isto apoiado desgraciadamente pola condena da Teoloxía da Liberación de Juan Paulo II e o seu cardeal Ratzhinger. Lembramos aquela lamentabel acollida de Mons. Oscar Romero na súa visita ao Vaticano onde, en vez de empuxe e apoio, recibira reprimendas e descalificacións polas súas actuacións en favor do seu pobo. Ao pouco tempo vítima á cabeza cos seus mártires de El Salvador. De forma polular foi declarado San Romero de América, confirmado agora por este papa Francisco e  tamén xa recuperada por el a Teoloxía de Liberación. Para este  papa Francisco non é importante a clientela senon a confirmación e a defensa destes heroes. 
Tampouco quero entender que a súa misión é arrecadar clientela nas Américas cando no seu programa deixao ben claro coa súa condena do capitalismo e a necesidade do cambio cando se fai estas preguntas: “¿Reconocemos que las cosas no andan bien en un mundo donde hay tantos campesinos sin tierra, tantas familias sin techo, trabajadores sin derechos, tans personas heridas en su dignidad? Reconocemos que las cosas no andan bien cuando estallan tantas guerras sin sentido y la violencia fratricida se adueña hasta  de nuestros barrios? ¿Reconocemos que las cosas no andan bien cuando el suelo, el agua, el aire y todos los seres de la creación están bajo permanente amenzaza? Entonces digámoslo sin miedo: necesitamos y queremos un cambio”. 
Isto produce nos medios de EEUU unha crítica de tal maneira que arremete contra “el Papa que insta a una rebelión contra el capitalismo”. 
E engaden os conservadores de este país, “Francisco es el hombre más peligroso del planeta”. 
É bo sinal cando este Papa non pide caridade dos ricos  para os pobres, senon que denuncia a inxusticia e o abuso.
 

O PAPA FRANCISCO E O PRESTIXIO DA IGREXA

Te puede interesar