Socioloxía

Entre as moitas interpretacións dos analistas sobre os resultados das últimas eleccións, voto en falta algunha feita en clave sociolóxica, que poida explicar o comportamento de tantos millóns de españois. Porque non se entende que gañe as eleccións un partido con semellante historial de corrupción e co líder peor valorado nas enquisas. A que se deberá esa incomprensible actitude por parte de tanta xente? Será porque a corrupción está inserida no noso ADN? Será porque hai tantos millóns de españois insolidarios, que viven ben e non lles preocupan os problemas dos demais? Tan baixo é o noso nivel cultural, que nos asustan anuncios como eses da inestabilidade, o comunismo, os antisistema, ou os radicais? Será certo que a xente maior votou PP, por medo a que “os outros” lles quiten as pensións? Porque a campaña do PP consistiu en repetir unha e outra vez, todas as calamidades que nos agardaban se non gobernaban eles. E parece que lles deu resultado, non si?.

Socioloxía

Te puede interesar