Hai unha frase que define moi ben as expresión de crítica ou louvanza sobre do poder establecido, no sentido de ser “politicamente correcto ou incorrecto”. A Lei mordaza é un exemplo de limitación das liberdades que non son politicamente correctas. Mais hai outro tipo de leis non escritas, que determinan o que non é “economicamente correcto”. É dicir, non convén dicir nada que poida molestar ao poder económico, que case sempre está do mesmo lado que o poder político. Por exemplo, criticar ao xefe, ao alcalde, ao presidente, ao director, ou a calquera dos que poida depender a túa economía. Isto podémolo ver a cotío nos medios de comunicación, que procuran non alporizar aos seus “protectores”. Antes había revistas como a “Codorniz” que nos aledaban a vida coas súas intelixentes críticas, mais agora non parece que haxa xente de tanta talla periodística, e por iso os xornais nútrense especialmente de novas relacionadas con crimes, secuestros e deportes. Mágoa, non si?