Esquecido Ignacio Echeverría?

Teño que confesar que escribo isto tras atopar a un amigo nos viños –que algún entra pola gorxa nos mediodías dos domingos– que díxome que se fixera unha homenaxe a Ignacio Echevarría, xa saben, ese rapaz que morreu –onte cumpriuse un ano– enfrontándose aos terroristas de Londres e que era oriundo desta nosa cidade, ou ben viviu nesta comarca, no cho sei moi ben. Lembro que xa se puxera unha placa co seu nome e que mesmo outros concellos fixeron tamén homenaxes, aínda que no caso de Ferrol mesmo penso que os munícipes tardaran máis que un chisco en decatarse. Comento a cuestión xa que logo díxenlle que non lembraba ver na prensa ningunha noticia de que se ía ir facer unha lembranza de carácter público por mor do cavodano. Díxome que el tampouco o vira pero que coincidira que pasara por A Malata xusto nese momento e que, entón, parara... Pois si que estamos ben...

Esquecido Ignacio Echeverría?

Te puede interesar