E-MAILS

Recibo no ordenador cantidade de mensaxes sobre a situación actual, a corrupción e os soldos, dietas, retiros e demais vantaxes dos políticos. Este é un resumo dos últimos :

Traballador: 1.200 euros por sacar adiante a produción. Policía: 1.600 euros por arriscar a vida. Bombeiro: 1.800 euros por salvar vidas. Profesor: 1.400 euros por prepararte para a vida. Médico: 2.200 euros por manterte a vida. Deputado que non sabe facer o “O” con un canuto:¡30.000 euros!, por amolarte a vida a ti, ao traballador, ao policía, ao bombeiro, ao profesor, ao médico .... E iso durante toda a súa vida. España ten que baixar seu déficit en 9,4 puntos porcentuais na próxima década, unha das reducións máis drásticas do mundo, segundo o FMI. C

A dedicación á política é voluntaria e está dirixida ao servizo aos demais, non é unha licencia para encher o peto

hegou o momento de coller o touro polos cornos: Eliminando a pensión vitalicia de deputados, senadores e demais pais da patria. Revisando soldos, dietas e outras gollerías de políticos que se poñen o que lles da a gaña. Cambiando as leis e, ademais de cárcere, obrigando aos que rouban a que devolvan os cartos, ata o último céntimo. Eliminando os coches oficiais, temos máis en España que en USA. Anulando tódalas tarxetas Visa oficiais. Fora os diplomáticos agás un embaixador e un cónsul en cada país. Non é posible que malgastemos en isto máis que Alemania e o Reino Unido. Fora do país os delincuentes estranxeiros. Con isto, e cunha racional distribución dos presupostos, se aforrarían mais de 45.000 millóns, acabaríase a crise e non faría falta tocar as pensións nin as pagas dos funcionarios.

O principal problema de España é a caste política corrupta e inepta. É preciso limitar o seu número, regular as súas actuacións e esixir responsabilidades. ¡Fora chupópteros, comparsas e picos de ouro! A dedicación á política é voluntaria e está dirixida ao servizo aos demais, non é unha licencia para encher o peto. Así deben entendelo os políticos e o que non estea de acordo que se dedique a outra cousa.¡ A traballar por exemplo!

 

E-MAILS

Te puede interesar