Mentiras gubernamentais

Semella unha maldición para a xente traballadora que este Goberno non sexa quen de dicir unha verdade. Mentiras, recortes e corrupción, e si protestamos paus e multas.  Nesa tríada esgótase o quefacer do goberno Feijóo. A EPA do primeiro trimestre sanciona o fracaso da contrarreforma laboral e das políticas austericidas para crear emprego: Feijóo é o servidor da troika que preside un país, tras cinco anos de goberno, con 300.000 persoas no paro, das cales máis de 191.000, dous terzos,  non teñen prestación pública de ningún tipo.  Un país con menos persoas activas, menos ocupadas, máis paro e economía mergullada e en regresión demográfica é a herdanza de cinco anos de goberno do PP. Un país en proceso de desertización industrial e que vén de sufrir a amputación das caixas de aforro. Un país insoportable para as clases traballadoras, que hoxe, nos estaleiros públicos de Ferrol e Fene teñen as gradas baleiras e un veto do que o PP é  corresponsable. Na loita, nas rúas, na unidade, está a posibilidade da fin das mentiras.

 

Mentiras gubernamentais

Te puede interesar