REDES DE ESPERANZA

Hai dez días o sociólogo Manuel Castells presentaba a segunda edición do seu libro “Redes de indignación e esperanza”. Un estudio das diversas primaveras, do 15M e das súas respostas á alienación desta crise tan oportunista. É certo que as esquerdas clásicas, tanto política como sindical, están atrapadas polo seu compromiso cun pacto social que as dereitas xa non consideran necesario. Aí está o golpe da banca alemá contra o pobo grego e o seu referendo.
Pero, a superación dos medos por parte da xente, obriga as institucións a cambios de fondo. Aí están as novas redes e movementos sociais, que hoxe ocupan o papel central que antes tiñan sindicatos e partidos. 
A loita fundamental é a batalla por conformar un novo xeito de pensar, e a coacción –incluída a “lei mordaza”– non pode garantir a supervivencia das vellas hexemonías sen consenso social.
 

REDES DE ESPERANZA

Te puede interesar