Uh, vaia lío os amigos de mis amigas son os meus amigos

Esta é aquela canción tan pegadiza de Xuxa, que describe á perfección o que está acontecer nas configuracións das coalicións electorais para as eleccións europeas no marco de En Marea e compoñentes.
Seguindo na similitude da canción, Luís Villares quere bailar coa amiga Mónica Oltra que tamén é amiga de Podemos. Pero en Anova queren bailar con Arnaldo Otegui amigo de Ana Pontón, e Pontón non quere bailar con Xosé Manuel Beiras, o mesmo tempo Martiño Noriega quere bailar con Ada Colau, e tristemente Íñigo Errejón non quere bailar co amigo Pablo Iglesias pero si con Manuela Carmena e Villares, que se cree bo mozo quere bailar con Más Madrid. Ó final está claro, Uh, vaia lío, como dicía a canción.
Pode ser ata divertido, en Galicia gustamos de bailar nas verbenas, pero o problema está en que estes todos queren bailar, pero pouco pensan en Galicia que está na casa. 
Que beneficio terá Galicia en esta foliada de baile libre? Ningún, outra vez a Marea e o seu entorno traballando en prol do seu e non en prol do beneficio dos galegos e galegas, aínda que case é mellor que colocar a unha activista antivacinas en Bruxelas.
O drama non remata no baile, logo de despexar as parellas podemos asistir a que na campaña electoral un candidato ás municipais do denominado espazo rupturista, teña que pedir o voto para papeletas diferentes, ou máis grave para papeletas contrapostas, ou membros da mesma lista dun Concello traballando activamente para candidaturas distintas en Europa, uh vaia lío.
Mais a realidade é que non lles importa Europa, so no exótico de ir a ver a camaradas de fora de Galicia, porque alguén imaxina que sexan capaces dende En Marea de falar de Europa ou dos problemas da xente que afectan dende Estrasburgo cando levan catro anos falando de si mesmos e denunciándose entre eles, sen falar de Galicia?
Contra esta ensalada de probas e egos, outras forzas están traballando na reedición de Galeusca como medio de reforzar a Europa dos Pobos, fronte a unha onda expansiva de recentralización de homoxeneización do discurso de dereita e extrema dereita de Europa ó que o estado español non é alleo. 
CxG, o PNV e o PDeCAt poden reeditar unha fórmula de traballo, unha coalición que pense en Galicia e sitúe en Bruxelas problemas con nome e apelidos, como fixo estes últimos cinco anos co traballo de Izaskum Bilbao. 
Unha forza con presenza nos partidos europeístas e que queren bailar con Galicia o resto como di a canción é un lío.

 

Uh, vaia lío os amigos de mis amigas son os meus amigos

Te puede interesar