Maccarthismo

Hai un par de semanas, cando a entrega dos Pedróns de Ouro e de Honra, coincidín ó carón dun vello amigo, sabio profesor de literatura na Universidade compostelá. Como sei que é nacionalista fervoroso, cando comezaron a soar as notas do himno pregunteille o que faría se nese momento irrompesen un grupo de xentes asubiando. Sorrindo, comentou que habería que botalos. Efectivamente. Mais non por maior ou menor “ofensa”, simplemente, por maleducados e/ou vándalos. Nos lindeiros da mala educación incluiría moitos dos contos ofensivos e sen graza, que deben circular polos twitter, facebook... Non uso tales cousas. Chistes na liña dos que se lle atribúen a un concelleiro de Madrid e polos que case hai quen o condenaría a morte. Como a unha súa compañeira de corporación, por unha protesta a favor do laicismo. Eu non tería feito ningunha das dúas cousas, mais non podo entender as cazas de bruxas. Menos aínda que poida haber ministros vinculados a empresas de armamento. Por exemplo. Haberaos?

 

Maccarthismo

Te puede interesar