ANDRÉS

En Ferrol hai xente que practica a disciplina inglesa. Nada que ver con “La llave inglesa” de Guillermo Ferrández, libro que ando ler estes días, con proveito e fruición. Eu falo desa tropa que ben provista de látegos (e látex) zorregan a chicotazos cidade e cidadáns so pretexto de que todo está sempre mal, de que isto é unha ruina, de que tal e tumba e dalle que dalle ao sermón victimista, descarregado, como digo, nos lombos dos habitantes dunha cidade, iso si, cada vez máis deshabitada (o que, sen dúbida, ven sendo outro cantar).

A mín o autonoxo ese hai tempo que me amolou. Ferrol é un lugar óptimo para vivir (e non soamente para morrer) que igual precisa quererse un pouquiño máis. Porque valer, vale. Como a xente que de alí sae, tan valiosa e sabedora (e sabida). Así o cantautor Andrés Suárez, da estrada Alta do Porto, que o outro día enchía a Sala Galileo Galilei, o templo da canción de autor en Madrid, grande como corresponde ao cinemátografo que nela estaba, coas rapazas en flor cantando os temas do ferrolán cando este.

Ah, mais Andrés vai cantar como “artista convidado”, e así o din os carteis espallados pola xeografía madrileña, de Pablo Milanés, no concerto do cubano no teatro Calderón (ou Haagen Dazs, como prefiran) o 5 de marzo. Única actuación do autor de “Yolanda” en Madrid. Público a fartar e o noso Andrés Suárez na crista da onda. Como cando vai a Pantín, a súa praia preferida e recorrente. ¡Ferrol! ¡Andrés!

ANDRÉS

Te puede interesar