O nacionalismo “reinante”

O modelo de Estado que rixe neste país, quero dicir en España, é o dunha monarquía constitucional que lonxe está de se parecer ou semellar a aquelas outras que a precederon. Se pode xulgar ó Rei, sexa o que hoxe temos, o que tivemos ou o que veña no futuro a cotío, pero é basicamente a Historia a que define o papel de cada un dos persoeiros que a compoñen. Digo isto porque entre o nacionalismo máis habitual xurde de xeito recurrente o feito de que, por exemplo, Galicia foi un reino e que é precisamente ista derraderia identidade á que hoxe se recurre –claro que non sempre– para fornecer a independencia da comunidade. E o mesmo está a suceder en Cataluña, na que tamén lémbrase á Historia para basear nela o que se deu en chamar o “intento secesionista”. Deixando a parte os argumentos de unos e outros, dos que o apoian ou dos que o rexeitan, non deixa de chamar a atención que para xustificar a marcha se terxiverse a Historia. Postos a mirar, si dela dependera a definición de país poderíamos quedarnos cos Reinos de Taifas, que outro cantar terían hoxe se non fora pola confrontación e a intolerancia. O nacionalismo pois, no só é republicán, senón que tamén “reina”.

O nacionalismo “reinante”

Te puede interesar