RESULTADOS

Agora que pasaron as eleccións, hai quen opina que non lle deu resultado o subterfuxio renarte empregado polo alcalde, opoñendo á organización das “mareas” o seu particular “tsunami” de obras a destro e sinistro. Nembargante eu coido que lle deu un resultado moi bo e que, sen ese “as” sacado da manga a última hora, o resultado do PP estaría por debaixo dos dez concelleiros. Os políticos máis avezados saben que unha grande parte do electorado é moi voluble e reacciona para ben ou para mal, ante segundo que clase de estímulos. Ese non é un invento de hoxe, xa que é unha artimaña empregada habitualmente polos gobernos de todo tipo e color. Tan é así, que cando comezan as obras de urxencia en época electoral todo o mundo di: ¡Como se ve que hai eleccións! ¡Debería habelas todos os anos!  Mais  aínda sabendo que é un xeito de mercar votos, a realidade é que moitos electores tragan o anzol.  Esa é unha das moitas imperfeccións humanas. Penso eu, claro.   

 

RESULTADOS

Te puede interesar