Seica a negociación é a única solución posible para situacións políticas como a presente. A cuestión é, ata onde se pode chegar negociando para formar goberno, cando a opción gañadora foi rexeitada pola dupla dos seus votos. É indubidable que habería que apoiala con parte ou todos os votos de persoas que non quixeron votar a quen agora se presentan como salvadores dunha situación que eles mesmos puideron solucionar, apoiando a o único candidato con valor para afrontar unha difícil investidura. Mais, sexa cal sexa o partido sinalado para ese apoio e, máis aló das diferenzas ideolóxicas, o problema é entregar o voto dunha persoa para facer aquilo para o que nunca daría o seu permiso. Se iso se producise, non se estaría roubando o voto e a vontade dos electores dese partido? A min pareceríame un atraco, contra o que non hai reclamación posible se non é agardar á próxima vez. Porque electores somos e nas urnas nos atoparemos, os que aló cheguen, non si?