Conferencia

O pasado 28 de xaneiro asistín a unha conferencia organizada polo club de prensa de Ferrol. O orador foi o meu bo amigo e compañeiro MA Fernández, un dos amigos para sempre que fixen naquela Escola Naval Militar dos anos 1957-1962 do século pasado. A presentación correu a cargo de Siro, actual presidente do Club de Prensa. Na conferencia titulada “La guerra que nos vino”, falounos o almirante da Graña, dende as súas experiencias persoais en destinos sobranceiros en distintos organismos internacionais, de terrorismo, do petróleo, e da situación actual do mundo. Non faltaron pinceladas de humor ao longo da súa exposición na que nos falou do tempo pasado, das torres xemelgas, do trío das Azores, de Sadam Hussein, de Reagan, de Obama e de Osama, e ata de Liza Minelli e o seu Money, Money, presentándonos unha situación actual ben complicada en Irán, Irak, Siria, Turquía,... en todo o Oriente Medio. A pregunta, que non fun quen de facer no coloquio que seguiu, é de libro e obrigada, ¿como vai a evolucionar esta situación?, ¿que nos depara o futuro? Si como se ven dicindo, os chamados combustibles fósiles teñen os días contados, ¿que vai pasar cando se esgote esta, ata hoxe, imprescindible fonte de enerxía? Aumentará a tensión, os atentados e as guerras ata que non quede nin unha soa pinga do chamado ouro negro ou pola contra os países hoxe enfrontados, ante a aparición e desenrolo de novas fontes de enerxía, esqueceranse do petróleo e por conseguinte de guerras, terrorismos e atentados?.Eu que persoalmente non son moi optimista ao respecto, penso que tódolos países e organismos internacionais deberían adiantarse aos acontecementos e tratar de atopar unha solución pacífica ao que está por vir, regulamentando a produción, uso e desfrute das novas enerxías. O problema non é doado, a verdade é que non hai moito marxe para a esperanza, de feito o control dos chamados minerais estratéxicos, profeno, coltán, niobio, tantalio..etc, é dende hai tempo fonte de conflitos e de guerras que xa provocaron varios millóns de vítimas e desastres ecolóxicos irreversibles en países como a República Democrática do Congo, por poñer un exemplo. Como vedes hai tema dabondo para unha nova e interesante conferencia deste veterano e inquedo almirante a quen dende estas liñas, mando un saúdo xunto con unha forte aperta. 
 

Conferencia

Te puede interesar