Despiste

eica moitas persoas importantes do Partido Popular andan un pouco despistados, ou é que perderon a memoria, pois están emperrenchados en dicir que o PP non é un partido corrupto, senón que “había” algún corrupto nas súas ringleiras. Mais non é necesario ter unha grande memoria para lembrar que, en cada campaña electoral, o seu partido facía unha enorme exhibición de propaganda. Daquela, toda a xente preguntábase: de onde saen tantos cartos? Xa que logo, unha cousa é non saber que tes un coche no garaxe e outra pechar ollos e oídos. Por iso, pódese admitir que non todos son corruptos, pero si que foron consentidores; sobre todo os que deberían vixiar e non vixiaron; e aínda máis, aquel que debería vixiar aos vixiantes. Coido que non hai xustificación posible. O que procede e recoñecer as culpas e  dimitir de xeito fulminante, desde arriba, abaixo. Por certo, cando alguén dimite din que iso “os honra”; e xa que logo, os que non dimiten, que? Eu non sei, pero...
 

Despiste

Te puede interesar