A partitocracia

|

Seica existe, a nivel mundial, unha tendencia ao abuso de poder, por parte dos partidos políticos que gobernan en Estados teoricamente democráticos. É o que algúns definen como a “Partitocracia”, que ven sendo o relevo da aristocracia, no que incluso se recuperan aqueles antigos títulos, hoxe case desaparecidos. E así, fálase de “Baróns” dos diferentes partidos, para se referir aos políticos máis influentes. Mais parece que non se atopa ningunha idea concreta para solucionar esta situación na que, os partidos funcionan de xeito sectario. Nembargante, non semella posible unha democracia sen partidos políticos. E tendo en conta que o primeiro obxectivo dun partido é a propia supervivencia, non é doado artellar unha solución eficaz. Por agora, semella que a solución menos mala é a de que cada partido presente o seu mellor candidato e que o pobo escolla. Mais no caso de pobos politicamente incultos, non parece moi eficaz. Digo eu, claro. Pero é o que hai, non si?

A partitocracia