Día da Muller Traballadora

Un pouco de historia a xeito de introducción: En 1847,  concretamente o 8 de marzo, houbo una folga textil en New York debida ás malas condicións laboráis das traballadoras que sufrían xornadas de máis de 12 horas  e ademáis cobraban un 60% menos que os homes. En 1908, tamén un 8  de marzo, outra folga de costureiras rematou en traxedia, pois 120 mulleres pereceron nun incendio dunha fábrica na mesma cidade. Desde 1911 veuse celebrando o día da muller traballadora , pero foi en 1975 cando a ONU estableceu este día como “Día Internacional da Muller”. O pasado día 8 acudín ao teatro Jofre para gozar dun acto no que se homenaxeaba a Chelo Loureiro, unha muller ferrolá pertencente a ese grupo que andou na procura da emancipación a través do traballo. Chelo conseguiuno logo de pasar por varios epregos ata chegar á empresa audiovisual onde asentouse  e conseguiu varios recoñecementos, o último o Goya polo curto de animación titulado “Decorados”.  E a súa cidade rendeulle homenaxe. O acto estivo enchido de feminismo, como non podería ser doutra maneira, e a figura da muller erixiuse en protagonista  dende o principio ata o final cando a música de tres mulleres amigas, María Manuela, Pilocha e Uxía puxo broche de ouro  a este encontro entrañable. E eu alégrome que se homenaxee á Chelo Loureiro, á amiga, á muller traballadora, pero no transcurso do acto non puiden deixar de pensar nesas outras mulleres que, por unha ou outra circunstancia non tiveron a oportunidade de entrar no mercado de traballo outrora resesrvado case exclusivamente aos homes e emprenderon a dura e abnegada tarefa de traballlar na casa, un traballo poucas veces recoñecido e moitas minusvalorado. Sento verdadeira mágoa cando escoito a certas feministas radicais referirse a estas mulleres co cualificativo de “mantidas” amosando unha falta de respecto absoluta cara a elas e ao traballlo que realizan. Os tempos están cambiando, afortunadamente  a mellor e na loita pola igualdade foise gañando terreo aínda que queda moito por percorrer. Hoxe hai máis licenciaturas femininas na universidade, máis mullleres en postos de responsabilidade nas empresas ( vexan o caso de Chelo Loureiro) etc, e iso sen dúbida representan pasos adiante no camiño que nos leva á paridade e a posta en valor definitiva das competencias da muller no mercado laboral, pero que hai, reitero, desas outras mulleres traballadoras? Desas que empregan o seu  tempo en atender aos fillos,  en andar na procura de manter a economía da casa como se fose unha pequena empresa, en traballar moitas horas día a día sen descanso e sen dereito a unha mínima compensación? Estas mulleres non merecen que veña unha feminista de novo cuño e así, sen máis, con certo desleixo as chame “mantidas”. Vergoña lles debería dar pensar iso e moita máis dicilo. Aproveitando a oportunidade de dispor deste pequeno espazo neste xornal, quero facer reivindicación aberta e absoluta a prol destas mulleres que por unha ou outra razón non tiveron oportunidade de entrar no mercado laboral pero que traballan bastante máis que se fose por conta allea, sen ningún tipo de regulamento laboral, sen horarios e sen recoñecemento social. Ben está que suban ao estrado mullleres que traballan e teñen éxito, pero eu estou desexando ver algunha vez no escenario a estas outras traballladoras ás que lles debemos tamén público e merecido recoñecemento. Abofé.
 

Día da Muller Traballadora

Te puede interesar