COUCES E PANCADAS

|

No casamento do Gael, que vive e traballa en Donostia
Xa choveu desde que, aló por 1958, as salas de cine españolas estreaban o filme La violetera (1958), onde Sarita Montiel” cantaba, entre outras, a coñecida canción de Lecuona “El Polichinela”: Entre los paisanos y los militares/me salen a diario novios a millares/como monigotes vienen tras de mi /y a todos los hago que bailen asi//cata catapum, catapum pon candela/alza pa’rriba polichinela/ cata catapum, catapum, catapum/como los muñecos en el pim-pam-pum... E as palabras onomatopeicas lévannos á sigla BAM, tan esquecida habitualmente e con tanto uso en datas próximas a procesos electorais. Volve aparecer en primeira plana agora, malia que nos orzamentos que se barallan non figura ningunha partida específica para a súa construción en Navantia Ferrol. Marchando outra de fume! A outra é a de Fene, sen vetos e sen barcos. Vento hai; jackets xa se verá.

 

COUCES E PANCADAS