s novos gromos do virus ese da coroa, nos traen “de coronilla”, por mor do medo que se está a converter noutra pandemia. Está ben tomar todas as precaucións posibles, pero o que non debemos facer é, perder o sentido da realidade, esa realidade que cada día, xa antes do “COVID”, ven reflectida nas páxinas mortuorias de todos os xornais e que nos di que morren, diariamente, un número inmenso de persoas en todo o mundo e que seguirán caendo despois, sen que teñamos medo. Será porque sabemos que alí non atoparemos o noso nome? Non hai máis que lembrar a xente que morre de gripe todos os anos, aínda que semella que este bichiño vai a ser moito peor, se comparamos número de mortos, con número de afectados. Pero coido que o problema está en coñecer de xeito fiable esa relación e, se a relación e favorable aos que superan a enfermidade, non hai por que ter máis medo que ante outro andazo. De calquera xeito, a precaución e un medo normal, é saudable. Mais o pánico non. Penso eu, claro.