Portas

Atoparon acubillo entre unha das vigas de madeira que sustenta o primeiro andar da vivenda. Dende hai varios anos aniñan e sacan adiante a súa famélica prole compartindo a corte co vello burro. Na primavera e no verán cos seus dinámicos, elegantes e acrobáticos voos cruzan incontables veces a porta sempre aberta. A súa marcha anuncia cambios. Son os nenos e nenas tamén queridos, respetados e esperados coma elas, os que traspasan agora a diario o umbral dunha nova temporada. Un recente curso escolar no que persisten os recortes e no que non todo o alumnado poderá franquear libre todas as entradas. As prazas dos comedores escolares de certas localidades non cubren a demanda existente. As listas de espera para este servizo esencial para a conciliación laboral, familiar e persoal acada por exemplo 25 estudiantes en Cedeira e 40 en Ares. A súa ausencia como a das anduriñas fai máis pequeno o lugar.

Portas

Te puede interesar