Inocentadas

Onte conmemorou a Igrexa Católica a chamada matanza dos inocentes, macabro episodio ordenado por Herodes, aquel “rei” dos xudeus investido polos romanos do imperio, dominadores do territorio. Relata o suceso o evanxeo de Mateu, mais a falta doutra documentación fai bastante improbable que a tal matanza tivese acontecido. En calquera caso, á marxe do relixioso, aí está tamén como data destinada a gastar inocentadas, cousa que na vida fixen nin padecín.
De ter aparecido onte a información de que Cristiano Ronaldo respondeu ás declaracións realizadas pola responsable da Unidade Central de Coordinación de Facenda en materia de Delito Fiscal -colgando nas redes sociais unha foto na que se ve acompañado dos tres fillos menores e a seguinte frase: “Estou preso a estes bebés lindos ahahahah”- pensariamos que se trataba da típica noticia falsa que adoitan meter os diarios tal día como onte en plan inocente broma. Pero non, vai en serio e iso que non é de broma que a señora Gómez Mourelo, na súa comparecencia perante a xuíz encargada do caso, lle atribúa unha débeda de 14,7 millóns e, como así mesmo declarou, por moitísima menor cantidade hai xente na cadea. O que non é inocentada.

 

Inocentadas

Te puede interesar