Vai de contos

|

Érache unha vez o presidente dun país chamado “Maraña”, que se atopaba nunha difícil situación por mor de numerosos casos de corrupción do seu Partido Político, metido en asuntos de finanzación ilegal, sobres volantes, diñeiro negro, fraude fiscal  e outras lindezas. Como viñan as eleccións e a cousa pintaba mal, chamou ao presidente dunha comunidade autónoma do país, chamada “Rancuña” e díxolle: “Oes, preciso que me fagas un favor, pois quero gañar as eleccións. E que queres que faga?”,  preguntoulle o outro. “Quero que pidas a independencia para que eu cha negue e así poderei me presentar como o salvador da unidade da miña Propia Patria; e se gaño as eleccións, xa te compensarei”, prometeulle. O outro, non moi convencido díxolle: “E se non gañas? Non importa, ti segues coa túa teima. Tes que ser forte, porque ben sabes que nós sempre facemos o que podemos”. Ben, conste que isto só é un conto e calquera parecido coa realidade será simple coincidencia. Non é? 

Vai de contos