MULLERES

Baixo a Madrid (os de Majadahonda, “baixamos” eses cen metros, ou así, que nos separan, en altura, da capital) baterme cos ventos na Gran Vía. Cos ventos xélidos que suben por ela dirección Callao, alí onde se fai meseta esta avenida ata chegar á Red de San Luis. Vou a Madrid en sábado de frío siberiano, moito, e eu tan feliz arroupado na miña chupa, bufanda e luvas. Tan contento vendo as donas de Madrid e foráneas (tamén ás “mocitas madrileñas” do himno clásico do RM) deféndose da friaxe con elegancia.

E é que as mulleres son, onde vai parar, moito máis frioleiras que os homes. Pero é que, ademais, aproveitan as baixadas de temperatura para poñerse aínda máis guapas. E isto, para quen amamos a beleza, é algo que se agradece. Pola cousa visual, lástima fora, que outras comezan poñerse pouco doadas arribando a certos portos relativos á idade. Aquí un retórico diría: ¡ai! Pero como eu non o son desfruto paseando polo centro de Madrid vendo como a velocidade do frío ralentiza, en fermoso oxímoron, o paso das mulleres. Vencedoras da friaxe con chapeus, boinas, capas, abrigos, luvas, echarpes, bufandas, fulares, botas.

Guapeteiras todas, como quen celebra a chegada (¡por fin!) dun inverno que nos tiña medio en pirinxolas. E iso non. Que a xente vestida, as mulleres máis aínda que para iso son harmoniosas de seu, é moito máis sensual. E cando elas poñen os roupóns de inverno a cousa chega ser un escándalo. Como nestes días.

MULLERES

Te puede interesar