A bandeira

orprendeume onte pola mañá ao erguerme da cama, unha bandeira española na xanela dun veciño. Ao principio non daba creto, pero axiña me decatei do significado. Pareceume moi ben a iniciativa. En Ferrol, na Galiza, en España enteira, incluída Cataluña, engalanemos os nosos balcóns, fiestras e mesmo os nosos coches con bandeiras españolas. Sería este un xeito de votar o resto do país, a maioría silenciosa, que algo terá que dicir, demostrando a súa desconformidade cos delirios cataláns.
Votar en contra da loucura, da soberbia, da ignorancia e da prepotencia duns iluminados que non saben a onde van. Nuns tempos tan difíciles como os que estamos a vivir non teñen moito sentido os seus afáns separatistas. Anque de signo totalmente oposto, esta trangallada do 1-O pasará a historia como un verdadeiro golpe de estado comparable ao 23-F. Esperemos que o domingo se resolva como entón, sen derrame de sangue. De calquera xeito é ben certo aquelo que di que tódolos extremos, amais de ser malos, se tocan.
Hai moito tempo que o goberno, os sucesivos gobernos dende a transición, dende Suarez ata Rajoy, pasando por Calvo Sotelo, González, Aznar e Zapatero, tiñan que haber saído ao paso da cuestión catalá, con tolerancia cero para o independentismo, polo ben de uns, de outros e de todos, incluídos os propios cataláns que dalgún xeito van a sufrir e lamentar unha situación tan absurda a onde os leva iso que eles chaman o procés. Xa non é tempo de lamentacións, ¡agora xa foi Marica non chores!, chegou a hora das solucións, de facerlle fronte ao problema con sentidiño, e con toda a forza da lei por diante. 
Eu que non son ultra, nin facha, nin extremista de ningún extremo, pero si son español e moi orgulloso de selo, prego a todos, aos de aquí e aos de acolá, que o próximo 1-O impere en Cataluña, en todo o país, o sentido común, iso que eles chaman seny, anque polo que se ve e se oe, sexa este o menos común dos sentidos. 
Ao final o da bandeira foi só un soño, ¿unha mágoa non si?. Sería fermoso ver o país enteiro cuberto pola bandeira vermella e gualda, a constitucional de tódolos españois, como protesta contra a intolerancia dun fato de descerebrados manipulando a millóns de persoas, incluíndo nenos e nenas dende a súa máis tenra idade. 

A bandeira

Te puede interesar