Bolardos

Estes aparellos proliferan nas beirarrúas da cidade, para defender aos peóns, evitando que sexan atropelados polos automóbiles que lles rouban o seu espazo natural. Hainos de diferentes formas e materiais, pero todos cumpren o seu cometido de evitar algún accidente; nalgures hai tantos, que mesmo parece unha esaxeración, pero a rotura dalgún fai pensar que son moi necesarios. Pois ben, na Avenida de Vigo, a circulación de coches pola beirarrúa e o aparcamento de camións enriba dela, é unha actividade cotiá, especialmente polas mañás, que pon en perigo a integridade física e mesmo a vida das numerosas persoas que pasan por aí, e que, podería ser evitada, aínda que fose de xeito provisorio, con media ducia de “bolardos”. Esta situación xa foi denunciada por escrito moitas veces, polos veciños e mesmo pola prensa nalgunha ocasión, sen que desde o Concello se fixese caso algún. Fará algo o novo goberno municipal ou haberá que agardar a que haxa unha desgraza?

Bolardos

Te puede interesar