CALDERÓN

Convídanme á preestrea dun Calderón pouco representado. Tanto que en Madrid non se poñía desde hai cento cincuenta anos, que xa é tempo. Falo de “En la vida todo es verdad y todo mentira”. Nin sequera un Calderón menor (un autor tan grande non indulxe en semellante categoría), o único que queda un pouco lonxe de “El alcalde de Zalamea”, “La vida es sueño” ou “La dama duende”.

Se cadra por iso, por medo a que o público (como diría Teté Delgado) non teña o “código” de función, polo demais e como é lóxico, tan barroca, o seu director, Ernesto Caballero, fixo “cine” con ela. Isto é, unha montaxe tan espectacular que por momentos o espectador está diante dunha pantalla. A cousa, desde logo, non é de moita novidade. E aínda así semella chamativa. Porque o cinema comezou sendo pouco máis que teatro filmado, e agora, ás veces, como a outra noite no Pavón, o teatro pretende coller xeitos cinematográficos. Tampouco me parece que sexa mal asunto. Así e todo eu son moi parcial do teatro espido.

Por iso, vendo “En la vida todo es verdad y todo mentira”, tan fermosa na súa maneira, eu botaba de menos o texto puro e duro. Tal como se representaba no século XVII. Cando saía un nachiño e dícia: “Isto é un parque”. E alí detrás non había nada. E os espectadores tiñan que imaxinalo. Algo así. Ora, nada que dicir da montaxe que desta volta presenta o CDN. Unha montaxe tan espectacular como (xamais) a vida mesma. E graciñas polo convite, meus amigos.

CALDERÓN

Te puede interesar