Pasivos?

A mediados de xullo do pasado 2017 o persoal técnico do FMI presentaba en Madrid as súas conclusións preliminares do chamado Artículo IV, isto é, o avance do informe do organismo sobre España. Nese documento cifrábase no 3.1% a previsión do crecemento do PIB de España en 2017, mais tamén, oh!, casualidade!, se pedía limitar a suba das pensións ao 0,25%.  E o mesmo incremento para os próximos anos, á marxe da evolución dos prezos, da situación económica do país... 
Nada de usar a inflación como índice de referencia, as subas  deben seguir vinculadas ao índice de revalorización introducido na reforma de 2013. A do PP, naturalmente. Non recordo que na altura houbese maior movimento social, xa non digamos conmoción de ningún tipo. Era verán e xa se sabe. E chegou o día e o Goberno fixo o que lle mandaban os de fóra e acordou subir as pensións nesa miseria do 0.25%, na consciencia de que as chamadas clases pasivas son iso, xentes pasivas que, ademais, moi maioritariamente, os vota. As últimas mobilizacións –en Ferrol aínda cativas, penso– parecen dar a entender que a xente se empeza a fartar de tanto engano e latrocinio continuado, sen tasa, e...
 

Pasivos?

Te puede interesar